Calquera tipo de afago, aloumiño, broma etc., con que se lle fan as beiras a alguén
Etimoloxía
Voz de orixe onomatopeica.
Exemplos *
“Non pode ter melancolía por el porque Xabier significa os últimos anos, a memoria é así de inxusta e a pesar dos anos felices, que os houbo, anos de ñáñaras e complicidade, o seu nome significa agora infidelidade, desprezo, distancia.” (Francisco Castro: Amor é unha palabra coma outra calquera, 2016)
“Nós roubar non queremos. Dicía o meu pai que o seu, don Pepito, sempre fora amigo de todos os nosos, unha man amiga onde a atopásemos, xa fose na Galiza ou en Castela. Por el vimos sempre parar aquí... –seguía coas súas ñáñaras. O pai entregoulle a gadaña dicíndolle: –Segue vostede toda a que poida levar nun feixe.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.