nariz

Parte saínte da cara, entre a fronte e a boca, que intervén na respiración e onde reside o sentido do olfacto.

Etimoloxía

Xorde desde o latín vulgar naricae e este do latín clásico naris, –is que significaba 'ventas', 'nariz'.

Exemplos *

"Tiña un nariz mocho e algo torto, o pelo crecho tapáballe unha orella e deixáballe a outra ao aire, e todo así." (Antón Dobao: Incertos)

"Tiña as mans grandes, o nariz demasiado longo, o pelo abundante de cor castaña e os ollos saltóns, intensos, un pouco de peixe…" (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.