Persoa que conta unha historia de forma oral ou por escrito
Etimoloxía
Palabra que nos chega da latina narrator ‘o que conta’.
Exemplos *
“Un dos moitos momentos históricos vividos por Carvalho Calero en Santiago de Compostela foi a proclamación da Segunda República. Carvalho dará voz a un novo narrador anónimo, un “estudante” en Scórpio para nolo narrar.” (Concello de Santiago de Compostela: A derrota do Scórpio. Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero, 2019)
“As pitas baixo a chúvia publicouse en 1952 en Lar. No relato volvemos ao universo do conto anterior e tamén emerxe a vida familiar. O narrador evoca aquí capítulos da súa biografía estival, os galos e as galiñas daquela casa venerada da nenez e o lecer en que cultivou o amor polos animais.” (Henrique Rabuñal: Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, 2020 )
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.