narval

(Monodon monoceros) Mamífero mariño da suborde dos odontocetos, de corpo robusto de ata seis metros de longo, cabeza grande e boca pequena dotada só de dous incisivos, un dos cales, nos machos, se desenvolve horizontalmente ata acadar case os tres metros de lonxitude.

Etimoloxía

Esta palabra procede do norte de Europa, dunha forma do noruegués antigo nahvalr, composto de nar ‘cadáver’ e hvalr ‘balea’, nome dado pola súa cor.

Exemplos *

“… a visión da Antaruxa nos seus ollos, daquela meiga do mar, aquel estilizado cetáceo que os narvais escoltaron deica a liña invisíbel que marca a illa da Marola e o faro de Hércules.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

“… a longura do corno ( ou dente ) do narval é en proporción ó longo total deste cetáceo coma 7 é a 3O.” (Xavier Queipo: Contornos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.