nasa

Aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira, metal, xunco ou vimbio e recuberta de rede, disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída

Etimoloxía

Arte de pesca que bebe da denominación latina da mesma, nassam.

Exemplos *

“Para un namorado dos barcos coma min, resultaba traxicómico ver aqueles purosangues do vento medio enterrados baixo redes, aparellos e nasas, mais non quedaba outro remedio se se quería evitar a fame negra.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Unhas [festas] nacen por homenaxear ás persoas que dedican o seu esforzo a conseguir un determinado produto gastronómico. Tal é o caso da Festa dos Naseiros de Moaña coa que pretenden render homenaxe ós pescadores con nasa.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.