nata

Materia graxa do leite, que se acumula na superficie cando está en repouso

Etimoloxía

De orixe escura, crese que vén do latín natta ‘esteira’.

Exemplos *

“As outras limpadoras paraban todas xuntas e falaban alto e rían mentres comían churros ou galletas de nata co café.” (Anabel Alonso López: Café só / A catedral, 2011)

“Bátense os ovos co azucre até deixalos cremosos, sen deixar de batir engádeselle a nata, logo engorde váiselle engadindo a fariña mesturada con levadura.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan,2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.