Exercicio ou deporte que consiste en nadar.
Etimoloxía
Tomouse da denominación que tiña en latín, natatio, -onis.
Exemplos *
"Así que as augas baixasen e as árbores amosasen a lama e os plásticos, ela mostraría ao público a pel revellida e esbrancuxada, daría clases de natación e contaría a historia polas escolas." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)
"Os homes-mariños son peixes con figura humana con mans e pés deformados pola natación, presaxio de boa pesca para os mariñeiros, que os agasallan con pan." (Xosé Manuel Cerviño: Apuntamentos históricos de navegación en Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.