natalicio

Día do nacemento ou festa que se celebra con motivo do seu aniversario

Etimoloxía

Palabra culta que bebe da latina natalicius de significado semellante.

Exemplos *

“Lembran vellos tempos se cadra mellores, actualizan informes e novidades sobre os coñecidos, hoxe tantos máis en París e arredores que na Bretaña; debullan mortes, natalicios, vodas, divorcios, como estora debullarán en tantas outras casas case idénticas de teito de lousa escura, en todo Dol, o mesmo rosario de novas.” (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños, 2003)

“Hai que dicir que en 1995 o centenario do seu natalicio celebrouse discretamente nunha Francia "ocupada" e preocupada pola edición do Libro negro do comunismo e do "execrábel" crime cometido contra Lois XVI. En semellante contexto a figura dun home libre coma Eluard quedou desdebuxada.” (Adolfo Boado: A Nosa Terra, 24-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.