natalidade

Número proporcional de nacementos nunha poboación nun tempo determinado

Etimoloxía

Palabra formada sobre a latina natale ‘de nacemento’ á que se engade o sufixo galego idade.

Exemplos *

“Esta redución no tamaño dos fogares, derivada do descenso de natalidade, fai que en conxunto os fogares de cinco ou máis membros non superen na actualidade o 13% do total.” (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia, 2008)

“A baixa taxa de natalidade e o envellecemento da poboación non son problemas exclusivos de Galicia, afectan as sociedades avanzadas.” (Luis Pousa: Galicia Hoxe, 06-03-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.