Acción e efecto de naufragar
Etimoloxía
Vocábulo de orixe latina que remite a naufragium de significado semellante ‘naufraxio’ e tamén ‘perda’ ou ‘ruína’.
Exemplos *
“John Potter, un mergullador e buscador de tesouros que estivo no mar de Rande na década do 1950 buscando restos do naufraxio do 1702 e viviu algúns momentos históricos da ría de Vigo, como cando participou na busca dos náufragos dun pesqueiro do Morrazo no que morreron 25 mariñeiros.” (César Lorenzo: Luzes, 11-2016)
“A outra gran traxedia da historia recente da illa foi o naufraxio do vapor Santa Isabel, en 1921, con máis de douscentos mortos. Tres illeñas desafiaron a noite e a tempestade para rescatar nunha barca os superviventes.” (Antón Lopo: Sermos Galiza, 5-11-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.