navegador

Programa que permite ver páxinas web e navegar por Internet

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina navigator, ‘o que navega’.

Exemplos *

“Hoxe o navegador de Internet (evolución daquel Mosaic orixinal) forma parte das nosas vidas e Google, Facebook ou Twitter son xa tan familiares que ata dan lugar á creación de novos verbos.” (Manuel Millares: Díxitos, 6-2013)

“No caso das transmisións de datos sensíbeis, (...), asegurarse de que no navegador aparece un cadeado amarelo ou fechado para verificar que os datos van mandarse cifrados.” (Pablo Barro: Nós Diario, 14-5-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.