navegante

Persoa que navega, en particular o mariño que pola súa profesión fai longas viaxes polo mar

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latín navigantis que procede do verbo navigo ‘viaxar polo mar’.

Exemplos *

“O navegante, entón, fíxolles un aceno ós outros; e, calandiño, calandiño, liscaron do sitio, abandonando ó estranxeiro ó seu destino, coa certeza de que non había dar endexamais co camiño da casa.” (Gianni Rodari: “O rato dos cómics”, Contos ó teléfono [Trad. Xela Arias], 1986)

“O navegante de mil mares, se cadra ao ver o meu aspecto arrepiado, aínda se permitiu unha gracia maldita: -¿Seica viches o demo, rapaz?- e seguiu co seu relato, tranquilamente: Eu sempre pensei que os dirixibles ían ser o futuro da navegación, navegarmos polo aire en vez de por mar.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.