Embarcación de gran tamaño, que pode usarse para a guerra ou para o transporte de mercancías
Etimoloxía
Palabra que chega do latín navigium de significado semellante.
Exemplos *
“Alí, á beira do cubo dun muíño, nos corgos dos Meiriños de Landares, el imaxinábase capitán do navío que cruzaba os caneiros, desafiando tódalas dificultades (...)” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)
“O único que puido pescudar fora que o navío naufragara, pero non se sabía onde, pois non houbera sobreviventes...” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.