nazismo

Doutrina política e social do partido fundado por Hitler en Alemaña, que ten como principios a defensa do poder absoluto do Estado, o imperialismo e o racismo.

Etimoloxía

A súa orixe está no alemán nazi, abreviatura de Nationalsozialist.

Exemplos *

"… como seres humanos a persecución e exterminio industrial do nazismo contra o Pobo Xudeu é algo que nunca debemos esquecer." (Carina Regueiro: Galicia Hoxe 21-11-2010)

"Alain Badiou di que nos xudeus se encarnou a humanidade toda como vítima, isto é, que o nazismo, no seu afán de destrución, elixiu aos xudeus como representantes de todo o ser humano." (Francisco Sampedro: A violencia excedente)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.