Masa de materia cósmica coa aparencia dunha nube de contorno impreciso, algunhas veces iluminada pola luz das estrelas e outras veces escura
Etimoloxía
Termo que bebe do latino nebulōsus ‘néboa’, ‘escuridade’ ou ‘vaporoso’.
Exemplos *
“A estrutura está dentro dunha das rexións de formación estelar máis grandes da nosa galaxia, a nebulosa Carina, que brilla nos ceos meridionais a unha distancia duns 7500 anos luz.” (Dosi Veiga: GCiencia, 12-2017)
“Unha zona da Vía Láctea caracterizada pola gran presenza destas nubes, a nebulosa de Orión, ten gas e po suficientes para crear millóns de estrelas.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


