nécora

(Macropipus puber) Crustáceo decápodo da suborde dos braquiúros, de corpo negro semellante a un cangrexo pequeno, e o cacho de aspecto piloso, moi apreciado pola súa carne.

Etimoloxía

Apúntase que podería vir dunha forma árabe naqara 'pandeiro'.

Exemplos *

"A nécora galega coñécese, ademais de polo sabor, pola pel semellante á do melocotón ó tacto cos dedos, e ten uha cor máis escura que as que chegan de fóra." (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

"… pasan o día no despacho do director do penal saboreando nécora fina, acompañados de amigos, familiares e das súas queridas e dirixindo os seus negocios desde alí como desde a súa casa." (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.