Cemiterio prehistórico ou da antigüidade, de grande extensión e de carácter monumental.
Etimoloxía
Procede do grego nekropolis 'cidade dos mortos', formado sobre nekros 'morto'.
Exemplos *
"… estes autores supuñan que a primitiva cidade romana ocuparía a zona comprendida entre as necrópoles da praza da Madalena (norte) e a Trindade (sur) …" (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense)
"Esixíase entón, ó mesmo tempo, que as necrópoles tivesen capacidade suficiente como para utilizárense durante un período mínimo de vinte anos". (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.