Non conceder ou non permitir algo que se pide / Non aceptar que unha cousa sexa verdade ou que exista
Etimoloxía
Palabra que bebe da latina negare que significaba ‘dicir que non’, ‘non conceder’ ou ‘non producir’.
Exemplos *
“Qué, na nosa lingua, se poida insinar / a ciencia aos cativos e ao bon Deus pregar; que nunca máis neguen a Xacobuslandia / direitos que teñen en Basutolandia.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Pregos a santa Lilaina”, O soño do guieiro, 1986)
“Si renego da terra que me veu nacer (...), un país que segue a negar o dereito aos pobos baixo o seu dominio a gozaren da súa plena liberdade, do mesmo xeito que resistiu a independencia da India no seu día.” (Robert Neal Baxter: Luzes, 6-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.