negativo

Película fotográfica coas cores claras e escuras invertidas

Etimoloxía

Chega desde o latín negativus de significado semellante.

Exemplos *

“(...) un cometa: xigantesca bengala que tinxía as paisaxes caprichosas de "New Reading" cun ton azulado de misterio, cunha luz de soño e dúbida que mesmo mudaba a relación de formas de rocha e auga, de campo e bosque, á maneira dos negativos fotográficos.” (Xavier Alcalá: Latitude austral, 1991)

“Se non accedía, sacaría todo á luz. Ía queimalo. Tiña os negativos das fotos ben ocultos.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.