negocio

Establecemento comercial

Etimoloxía

Vocábulo creado a partir do equivalente do latín negotium, ‘ocupación’ ou ‘traballo’.

Exemplos *

“Grazas que o irmán de Nuria lles axudou para montar un negocio de reparación de radios sen moitas pretensións.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)

“Ute arrendáralle o negocio a unha cadea de comidas rápidas e andaba en tratos para mercar unha vivenda en Madeira.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.