Relativo ou pertencente ao bosque / Cuberto de bosque
Etimoloxía
Voz culta que bebe da latina nemorōsus, ‘abundante de bosques’.
Exemplos *
“Só volveu sentirse ben cando pisou a fraga onde agochaba a súa gruta humilde, a carón dunha fonte, con vistas sobre os nemorosos prados onde xogaba un río aínda neno.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)
“Nin o máis frondoso dos verxeis, nin o xardín máis florido e nemoroso, lograrán endexamais que a miña alma se esqueza de Loaira.” (Anxo A. Rei Ballesteros: Loaira, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


