Persoa que está na nenez.
Etimoloxía
Proponse que proceda dunha suposta forma *ninnus do latín vulgar, que podería ser propia da linguaxe infantil.
Exemplos *
"Cando de neno viñera a Vigo e por primeira vez ollara a cabalgata dos reis magos, enchera os bolsos, asustado." (Xurxo Borrazás: Na maleta)
"Aparecían imaxes duns nenos xogando nunha rúa de Bagdad, un dos probables lugares de procedencia dos Reis Magos e os seus camelos voadores." (Damián Villalaín: A Nosa Terra 2003-01-10)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.