nenúfar

Planta acuática da familia das ninfeáceas da que existen diversas especies, de follas grandes, arredondadas ou con forma de corazón, que flotan na superficie da auga, e flores con moitos pétalos de cor branca, amarela ou rosa

Etimoloxía

Palabra que nos chega do árabe naylūfar, este do persa nīlūfar, e este do sánscrito nīlautpala 'loto azul'. Planta que pertence á familia das ninfeáceas.

Exemplos *

“O guía meteuse por un estreito camiño bordeado por dúas sebes de mirtos e os membros do grupo, un tras outro, atopáronse de súpeto ante o estanque no que aboiaban enormes nenúfares entre feixes de xuncos olorosos.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)

“Así como o poeta modernista descubriu os nenúfares, eu tamén descubrín un día as gardenias. Medraban fermosas en Reibón, no eido dunha prima da miña nai que se chama Rosa (todo é flor en Reibón).” (Xosé Manuel G.: Extintos Básicos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.