Elemento químico do grupo dos gases nobres que se atopa no aire en baixa proporción e que se utiliza en sistemas de iluminación e en certos tipos de láser. O seu símbolo é Ne.
Etimoloxía
Procede da forma neutra do adxectivo grego néos, -a, -on 'novo'.
Exemplos *
"… non ten nin luces de neon na porta, nin símbolos externos para que ninguén que non o coñeza poida sinalalo co dedo moral." (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión)
"Dirixinme decidido cara a luz de neon nunha rúa lateral dun bar onde nunca entrara …" (Suso de Toro: Calzados Lola)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


