Doutrina filosófica que no século XX formularon os pensadores do Círculo de Viena e que ten como obxectivo fundamental unificar a ciencia, dotándoa dunha metodoloxía universal.
Etimoloxía
Palabra derivada co prefixo neo- ‘novo’ e positivismo que procede do francés positivisme, creación a partir de positif ‘positivo’.
Exemplos *
“O salto ao abismo pareceu conducir a tres opcións: ao nihilismo, ao misticismo e ao neopositivismo.” (Rebeca Baceiredo: O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo)
“Pero neste caso teriamos que rexeitar o abandono do neopositivismo e considerar a metafísica non como allea á ciencia, senón como fundamento dela.” (Arturo Carreira Castro e Carmen Padilla Heredia: Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.