neotrobadorismo

Movemento poético que toma como referente e modelo as composicións medievais galego-portuguesas.

Etimoloxía

Termo creado asemade a partir do prefixo neo– que significa 'novo' e o sufixo –ismo 'movemento ou doutrina' que se engaden ao substantivo trobador que chega desde o provenzal trobador que se forma sobre trobar 'compoñer versos'.

Exemplos *

"Neste sentido, nun primeiro grupo, Raña aglutina ós poetas adscritos ó paisaxismo, ó popularismo, ó imaxinismo e ó neotrobadorismo." (Galicia Internacional 06-1996)

"Desta corrente poética ocúpase a profesora Teresa López en O Neotrobadorismo (Vigo, Promocións Culturais Galegas, 1997)" (Tempos Novos 06-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.