néspera

Froito da nespereira, de forma ovada ou arredondada e cor alaranxada, con pebidas grandes e lisas

Etimoloxía

Termo que remite ao latín vulgar nespiru, este bebe do clásico mespilum que se remonta ao grego méspilon, denominación dun froito semellante.

Exemplos *

“El mesmo entrou na paisaxe, coa taleiga e o caxato ao lombo; dirixiuse á camposa. Tomou algunhas froitas ao cruzar un pomar con abundancia de mazás, laranxas, nésperas e cereixas.” (M. Lourenzo González: Noites de papel / Illas, 1997)

“Coas nésperas pódese facer marmelo e licores, salsas doces, xaropes e tortas. As nésperas en España son pouco estimadas.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.