Fillo ou filla dun fillo ou filla dunha persoa
Etimoloxía
Termo que se orixina no latín vulgar *nepta, forma a partir da que se creou o equivalente masculino para designar a descendencia dos fillos.
Exemplos *
“Un avó cóntalles ós seus netos que el formou parte dun equipo ou dunha selección.” (David Otero: O correo galego, 14-12-2000)
“Sendo como es o único neto do meu segundo irmán, en canto eu tome o definitivo baño de terra herdarías o pazo e a metade das miñas propiedades.” (Xosé María Lema: A costa do solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.