neuroloxía

Estudo do sistema nervioso e das súas enfermidades

Etimoloxía

Termo médico que bebe do latín científico neurologia, formado coa partícula grega neuro- ‘nervios’ e a terminación -logia ‘estudo’.

Exemplos *

“A consulta de neuroloxía atópase na última planta do complexo hospitalario, ao fondo dun longo corredor ao que se abren varias portas.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

“Buscando novas formas de sandar, a neuroloxía e a psicoterapia recentes intentan precisamente transformar ese cerebro que xa está delineado intelectual, psicolóxica e emocionalmente alterando a súa mesma estrutura física.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.