nevarada

Cantidade de neve caída sen interrupción

Etimoloxía

Creación sobre o verbo “nevar”, que procede do latín vulgar nivare e este do clásico nive ‘neve’.

Exemplos *

“Caeu unha nevarada impresionante, e non se estaba equipado para facer fronte ás circunstancias.” (Santiago Álvarez: Memoria da guerrilla, 1991)

“A maioría dos rapaces non foron á escola, pois as súas casas quedaran bloqueadas pola nevarada.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.