nevarío

Tormenta de neve

Etimoloxía

Vocábulo que está relacionado coa voz “neve” que vén do latín nix, nivis ‘neve’.

Exemplos *

“Tamén se esperan nevaríos en Asturias, que poderían alcanzar os 10 centímetros de grosor por enriba dos 300 metros; mentres que en Cantabria, Protección Civil alerta de neve a partir dos 200 metros, cun grosor de 5 centímetros.” (E.P: Galicia Hoxe, 27-2-2005)

“O seu bisneto, Divino Puentes, mantén o recordo de que os nevaríos, as intensas choivas e as bestas do monte que coucearon a porta buscando protección dos ventos, provocaron a súa ruína total.” (Xosé Antonio Pombo Mosquera: GaliciaDigital, 7-7-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.