Neve miúda mesturada con chuvia, xeralmente acompañada de vento
Etimoloxía
Voz derivada sobre “neve” que procede do latín nix, nivis ‘neve’, ‘brancura’.
Exemplos *
“Ao saír da casa, envólveme unha nevarisca de folerpas marróns que vai espindo, unha a unha, as canas dos carballos da poula de en fronte. Comezo a andaina cara a taberna e trepo pola tupida alfombra de follaxe que agocha a enrevesada feitura da rúa.” (Xosé Antón Jardón: Praza.gal, 29-12-2021)
“Un vento frío acompañou estas palabras e o home volveuse ver no alto da serra, no medio da nevarisca. Fixo outro esforzo por incorporarse pero caeu boca arriba no chan mol.” (Miguel Anxo Murado: O soño da febre, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


