nibelungos

Raza de ananos orixinarios da mitoloxía xermánica, que se dedicaban a extraer ouro e xoias de minas profundas.

Etimoloxía

Proponse que proceda da forma xermánica Nibel ‘néboa’ e o sufixo que indica parentesco, co cal o seu sentido sería o de ‘fillo da néboa’.

Exemplos *

“Sigfrido loita e vence ó dragón Fafner (ou Fafnir), que gardaba o tesouro dos nibelungos, que non era máis que a inmortalidade.” (Clodio González Pérez: A coca e o mito do dragón)

“… eu diría que son os novos nibelungos, ananos que só se preocupan do ouro. ¡Se aparecese un Sigfrido que os botase a todos fóra a couces no cu!” (Xosé Fernández Ferreiro: A cidade das chuvias)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.