nimbo

Círculo luminoso que arrodea a cabeza de Deus, dos anxos, dos santos e dos obxectos sagrados.

Etimoloxía

Procede do latín nimbus, –i, nun principio 'nube que descarga chuvia' e de aí pasou a ser a nube que envolvía a cabeza dos deuses ou dos emperadores deificados.

Exemplos *

"eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza / de rosas que onte encheron de perfume / o mundo," (Xosé María Díaz Castro: Nimbos)

"Vina avanzar, viva achegándose anxelical, candorosa no medio da xente, como orlada dunha coroa de luz, dun nimbo diáfano, limpo, claro e resplandecente" (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.