nirvana

Estado de máxima felicidade

Etimoloxía

Palabra que chega desde o sánscrito nirvāṇa que significaba literalmente 'extinción' dos malos pensamentos que nos fan sufrir.

Exemplos *

“O de acolá chámao bisbiseando para lle dar, anicado ao seu carón, unhas suaves palmadiñas na cabeza que Tigre agradece encantado, erguendo dereito o rabo e fechando os ollos cunha expresión de pracer próximo a ese nirvana felino que é o ronroneo.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Unha chamada veu rachar aquel nirvana de sorrisos e complicidade, de aloumiños a distancia e de actividade rutineira, de parella estable e vida harmónica.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.