níscaro

Cogomelo comestible do filo dos basidiomicetos de cor alaranxada, sombreiro convexo e pé curto e firme, que abunda nos piñeirais de montaña.

Etimoloxía

Non se coñece a orixe desta voz.

Exemplos *

“… robaliza con allada branca de níscaros ó albariño, peixe sapo en salsa e lombos de pescada con cebolada de mexillóns, todo iso regado cun bo viño das Rías Baixas.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

“Unha vez limpos os níscaros, reservámolos enteiros, tantos como mazás; os outros, ata un cuarto de quilo, pícanse non moi miúdos, mestúranse con 300 gramos de carne picada, un dente de allo, unha cebola mediana, sal e un pouco de pementa.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.