noctámbulo, -a

Amigo da vida nocturna ou que ten o hábito de pasear, divertirse ou vivir fundamentalmente de noite

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latín nox, noctis 'noite' e ambulāre 'andar' seguindo o modelo de funambŭlus 'funámbulo'.

Exemplos *

“Renunciar a cear a unha hora normal a cambio da sensación de saír á unha e pico da mañá a unhas rúas só habitadas polos cinéfilos máis noctámbulos, cambiar a vida social por ese pequeno intercambio de sorrisos iluminados pola pantalla ou esquecer cal é a película que acabas de ver porque levas tres seguidas son sensacións polas que todo habitante de Cineuropa debería pasar ao menos unha vez.” (Brais Romero: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 11-2014)

“Algún, como Novoneyra, era noctámbulo e sumábase aos nosos paseos, moi frecuentes. Nos primeiros anos estas camiñatas remataban na taberna do Manco, no barrio de Recatelo.” (Xesús Alonso Montero: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.