Superficie de terreo moi inclinada ou case vertical nun desnivel á beira dun camiño, estrada etc., ou nas marxes dunha escavación
Etimoloxía
Voz de orixe descoñecida.
Exemplos *
“Pero, por fortuna captou algo ameazador; o suficiente para reaccionar por segundos á embestida do coche. Jane deslizouse por un noiro, xunto á estrada.” (Xosé Antonio Moreno: O cable inglés, 1995)
“O condutor non tivo tempo material a esquivarnos. A nosa acometida foi salvaxe. Disparáronse os airbags dos dous autos. Con alivio, comprobei que o Mercedes, aparentemente sen danos maiores na carrocería, caía polo noiro que se abría á súa esquerda.” (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


