Período de tempo que vai desde a posta ata a saída do sol.
Etimoloxía
O termo chéganos desde o latín nox, noctis que significa 'noite'.
Exemplos *
"A Noite é necesaria / pra que ti poidas ver / sobre o medo e o mal / as estrelas arder." (Xosé María Díaz Castro: Nimbos)
"Só tiña unha noite para entrevistarme con el e indigar sobre o niño onde se refuxiara Sulaima." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.