Noiteboa

Noite do vinte e catro ao vinte e cinco de decembro, día do Nadal, na que os cristiáns celebran o nacemento de Xesucristo

Etimoloxía

Palabra formada por “noite” do latín nocte e o adxectivo “boa” que procede de bonus de significado semellante.

Exemplos *

“Ás mesas das casas convócase ao exiliado, á tía solteira, ao irmán separado que non lle toca coa filla, á veciña de toda a vida, xa que está moi mal visto pasar a Noiteboa sen compaña.” (Marga Romero: A Nosa Terra, 29-12-2006)

“Calquera tempo pasado, en xeral, foi peor có presente, e aínda así os que temos a sorte de levar celebradas xa moitas Noiteboas non podemos evitar a tentación de volver a vista atrás á procura duns paraísos perdidos imaxinarios.” (M.A. Laxe Freire: O Correo Galego, 24-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.