noitevella

Noite do trinta e un decembro ao un de xaneiro.

Etimoloxía

Derivado sobre noite que vén do latín nox, noctis, do mesmo significado, e vella, procedente de vetulus, diminutivo de vetus, veteris 'vello'.

Exemplos *

"Xa sabe, o que se vén traendo para a festa de noitevella ou algunha voda de certa categoría social: algúns cavas cataláns…" (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe)

"Na Noitevella Hans e maila súa muller celebraran a chegada do ano novo nunha sala de festas, onde se xuntara un grupo de amigos escritores e pintores." (Úrsula Heinze: Rodolfo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.