Rexeitamento sistemático dos procedementos violentos
Etimoloxía
Termo composto polo adverbio de negación “non” e substantivo “violencia” que procede do equivalente latino violentia.
Exemplos *
“Eses pobos que Ghandi pacificou nunha ideación nova de paz e luz no amor contra toda violencia , eses movementos da non-violencia algo deben ter que ver coas nosas raizames máis fondas , profundas e perennes .” (Manuel Xosé Neira: O Correo Galego, 1-12-2000)
“As Nacións Unidas estableceran este día co desexo de «asegurar unha cultura de paz, tolerancia, comprensión e non-violencia», pero quen son os responsables de facelo?” (Cristina Pato: A Voz de Galicia, 2-10-2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.