nordesía

Situación atmosférica caracterizada pola presenza de vento do nordés

Etimoloxía

Vocábulo derivado de “nordés”, denominación formada por ‘nord-’ que remite a 'norte' e ‘[l]es[te]’ que agocha o termo 'leste'.

Exemplos *

“A cerdeira do Chaquetas –tristemente esgotada– orientada ao sur, gorecida da nordesía pola parede da casa, era a primeira en darlle ao seu dono unha sobremesa. Por iso mesmo corría o perigo de sufrir o ataque de salteadores –como acabamos de ver– fosen homes ou paxaros.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“A superficie do mar amosábase verde, salpicada de folerpas brancas, baixo un ceo despexado e unha inclemente nordesía.” (Xoán Bernández Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.