Proceso levado a cabo nunha comunidade lingüística para promover o uso e igualdade funcional da súa lingua con respecto a outra coa que está en contacto
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “normalizar” que se forma sobre “normal” que chega desde o latín normālis ‘normal’.
Exemplos *
“Tras a reunión, demandouse que se abra un debate para a elaboración dun novo marco xurídico que garanta dunha maneira sólida a normalización lingüística no ensino.” (Cintia París: Sermos Galiza, 9-2-2017)
“Na última sesión, haberá unha mesa de debate sobre a función da literatura na normalización lingüística.” (E.P.: Galicia Confidencial, 13-5-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.