nortada

Vento forte do norte

Etimoloxía

Voz creada por derivación sobre “norte”, voz do francés nord, e este do inglés antigo norþ.

Exemplos *

“Non sei nin qué horas eran, cando despois de pasar Onceta, chegamos á altura da praia de Melide, na Illa Grande, cun bo ancoradoiro para ventos mareiros pero ruín coa nortada.” (Xesús Franco Grande: Matalote, 2000)

“Era unha tarde de nortada de moito sandiós, vento nordés. O rapaz non levaba pedra de contrapeso e, claro, no lance de recoller, o meco afociñoulle por popa.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.