nota

Cualificación en cifra ou en letra que o profesor dá a un alumno por un traballo, exame etc., segundo unha escala previamente establecida

Etimoloxía

Palabra que procede da latina nota que significa ‘marca’ ou ‘sinal’.

Exemplos *

“Lembraba as tardes nas que, extraordinariamente contenta , volvía á súa casa, situada nos arrabaldes, coas notas, envexa de toda a escola, nas súas mans.” (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz, 1995)

“Pasa parte da súa nenez en Paizás, o predio familiar na Ulloa. Licenciado en Dereito e mais en Letras coas mellores notas, mais non sen atrancos —fora detido por poñer bombas cos anarquistas—, doutorouse en París.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.