notaria, -o

Persoa funcionaria pública que redacta e dá fe dos contratos, testamentos etc., conforme ás leis

Etimoloxía

Voz que vén desde o latín notarius 'secretario’ ou ‘escriba'.

Exemplos *

“O actor Daniel Grao foi o encargado de realizar a lectura da película finalmente elixida, acompañado polo presidente da institución, Mariano Barroso, e a notaria Eva Sanz do Real.” (E. P.: Galicia Confidencial, 6-9-2018)

“O Alcalde do Concello de Castrelo de Miño e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia,  convocan un acto máis da campaña “En galego, agora e sempre”, para perpetuar a memoria cultural e lingüística de Galicia. A notaria de Ribadavia dará fe da vontade individual de cada un dos asistentes.” (Xosé González: Galicia Confidencial, 22-11-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.