noticia

Información que se dá ou se ten sobre algo ou alguén

Etimoloxía

Palabra que se crea desde a latina notitia.

Exemplos *

“Mentres repasaba as noticias da prensa, Fani apareceu cun café con leite entre as mans. -Aí tes, o de sempre. Que tal a volta?” (Sara Alonso: Oito días sen Eva Cortés, 2021)

“De camiño a Lugo, escoitou as noticias na radio do seu coche, e soubo que aparecera un home falecido no antigo horto monacal de Santo Estevo. Pareceulle estrañísimo.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.