Programa de radio ou televisión en que se emiten noticias.
Etimoloxía
Termo derivado sobre a palabra “noticia”, que vén do latín notitia, -ae ‘notoriedade’.
Exemplos *
“Por riba da cara enxoita daquel vello do noticiario, o rostro que a ela lle viña unha e outra vez á cabeza era o de Gerda.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)
“Un noticiario amosaba imaxes aéreas do rescate dos tripulantes dun barco en medio dun temporal.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.