notificación

Escrito en que se notifica algo

Etimoloxía

Creación feita sobre o verbo “notificar” que vén do latín notificare ‘dar a saber’ ou ‘descubrir’.

Exemplos *

“Segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico de Lugo, a notificación do sinistro produciuse sobre as 9.40 horas de onte (...)” (E.P: Galicia Hoxe, 15-11-2010)

“O motivo está nun erro de notificación por parte das institucións públicas, tal e como están a recoñecer os tribunais” (Jacobo Rey: De Luns a Venres, 14-01-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.